Tuesday 17 de September de 2024

O Concello instala Puntos Violetas nas festas de Oleiros


Con motivo da celebración das festas de Santa María de Oleiros, o Concello instalará Puntos Violetas as noites de hoxe venres e mañá sábado, de 23 a 3 horas, coa finalidade de seguir traballando activamente, en colaboración coa comisións de festas, na prevención e actuación fronte as violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas que poidan dar.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios. Ademais, tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos e servizos municipais na materia, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.